Page 4 - C:\Users\USUARIO\Downloads\glosario.xps
P. 4
Mamotes: castañas cocidas.
Maragato ou peliqueiro: é o personaxe feo e pobre, viste roupa vella e porta pelicas en pernas, costas e cara.
Na cadeira leva unha choca e na man un cinto que usa para protexer ó resto dos personaxes deste Entroido.
Meco: É o personaxe menos coñecido do Entroido Ribeirao. Viste roupa estrafalaria e careta. Encárgase de
facer os “oficios”. Os mecos non mercan roupa nin accesorios, apáñanse cos obxectos que teñen á man.
O
Oficios: son representacións teatrais mudas , que realizan os mecos. Son breves pero dotadas de gran
agudeza, sendo capaces de burlarse de profesións, temas de moda, poderes establecidos...
Ourizo regañado: é o ourizo cando se abre totalmente e deixa cair as castañas.
P
Pelicas: pel de animais utilizada no Entroido Ribeirao para que os maragatos cubran pernas, costas e cara.
Pontillón: ponte pequeña sobre un regato, feita con troncos.
Pousadoiro: lugar axeitado para poder pousar a carga a una altura axeitada e poder descansar. Nas viñas
utilízase para os cestos de uvas, nos camiños para descargar carros.
Pucho: é unha especie de sombreiro moi grande, pesado e de laboriosa construción: tanto na súa estrutura
(armazón), coma na cobertura de flores, colonias de moitas cores e bonecas. As flores representan a
primavera tan ansiada nestas datas e as bonecas son os nenos xogando entre elas.
S
Sequeiros: nalgúns soutos facíanse estas pequenas construccións, nas que se facía lume no chan para secar
as castañas que se situaban na parte alta, extendidas no canizo.

