Page 3 - C:\Users\USUARIO\Downloads\glosario.xps
P. 3

CH


                Choca: campá de grande dimensión que levan na cintura os maragatos (unha das figuras representativas do
                Entroido Ribeirao).

          E


                Entroido Ribeirao: festa celebrada no Entroido da comarca de Chantada, na parroquia de Santiago de Arriba,
                de carácter ancestral. Hai varios séculos o señor feudal ía acompañado dos seus gardiáns para cobrar os
                impostos á xente das aldeas, e estas a xeito de burla crearon a figura do volante (señor feudal), e o maragato
                (gardián), xurdindo así o este Entroido.


                Escairo: escada de pedra feita na mura dunha viña. Paso de pé á una finca que presenta una diferencia de
                nivel e que permite entrar a pé nela , grazas a un escairo ou escalón.

          F

                Fachizo: escoba de xestas.

                Forcado: apeiro de labranza, feito de madeira de 2 ou 3 gaias empregado para recoller o esterco.

                Frailes: son as castañas asadas que, ao ser bulladas, se dividen en duas mitades separadas pola pel.

          G

                Galleta: apeiro de labranza de 4 ou 5 gaias; alvelo, forca.

          M


                Magote: un montón de cousas, algo abundante e apiñado.
   1   2   3   4   5   6