Page 2 - C:\Users\USUARIO\Downloads\glosario.xps
P. 2

Canizo: superficie de varas colocadas paralelamente, onde se extendian as castañas para secar.

                Carabuña: óso da cereixa. Tamén coñecido na zona por carambuña ou croia.

                Caracocho: tronco do castiñeiro que debido a unha enfermidade está valeiro. A pesar delo, e da sua vellez,
                non están mortos e continúan medrando.

                Carrabouxos ou bugallos:

                Carrolas: noces.
                Castañas asinadas ou amoxegadas: antes de botalas ó lume debemos cortalas para que non estoupen.

                Castañas galamuchas ou garamuchas: son aquelas que xa están listas para asar porque xa estiveron varios
                días ó sol e xa teñen o dulce necesario.

                Castañas pilongas: secas e sen pel despois de mallalas. Conservanse todo o ano.

                Caxato: brote que nace no pé dos castiñeiros (tamén se fai extensivo a outas árbores), e que se debe cortar
                salvo que se deixe como garantía de reposición dunha árbore vella.

                Cazoiliña: é o carapucho das belotas ou landras.

                Colonia: cintas de papel de moitas cores que forman parte do pucho do volante. As da parte de atrás fanse con
                papel pinocho e as de diante, mais curtas, de papel de seda.

                Correón: cinto con 24 campaíñas que portan os volantes (unha das figuras do Entroido Ribeirao).

                Conchos: noz que conserva o seu “envoltorio” , a sua “cuncha”. Si se colle da árbore polo san Xoán , aínda
                está verde e serve pa facer unha augardente estupenda para a dor de barriga; si se colle en outono, na época
                da caida das noces, é de cor negra e tizna moito.
   1   2   3   4   5   6