Un dos grandes retos da medicina é encontrar o xeito de curar enfermidades graves. Ainda non se conseguiu curalas todas, polo que os científicos traballan para logralo. Anxo Carracedo é un científico que traballa na investigación da curación de varias enfermidades.

Traballa na Universidade de Santiago de Compostela cun equipo de máis de oitenta investigadores e pídeselle consello desde máis de trinta países.

Moitos científicos pensan que, para que a ciencia avance, deben reunirse os mellores profesionais, marcar uns obxectivos e traballar xuntos na mesma dirección.