Unha COMARCA é un conxunto de MUNICIPIOS próximos con características similares (paisaxe, economía, tradicións,...). Galicia ten 53 comarcas. CARIÑO pertence á Comarca do ORTEGAL.

Os municipios dunha comarca prestan servizos comúns aos seus habitantes: hospitais, mercados, centros educativos... Estes servizos concéntranse no municipio mellos comunicado, que se chama CABECEIRA COMARCAL.

Algunhas cabeceiras de comarca de Galicia son: Lalín, A  Estrada, O Carballiño, Xinzo de Limia, Carballo, Arzúa.