No espazo hai moitos satélites artificiais que son naves que xiran arredor da Terra e envían continuamente información a ela. Grazas a esa información fanse mapas e globos terráqueos.
  • O GLOBO TERRÁQUEO é unha representación da Terra en forma de esfera.
  • Un MAPA é un debuxo que representa a superficie da Terra ou unha parte dela.
  • O PLANISFERIO ou MAPA MUNDI é un mapa que representa toda a superficie da Terra.

Nun planisferio pódense observar:

  • CONTINENTES: Grandes porcións de terra firme en que se divide o noso planeta. Son seis: América, Europa, Asia, África, Oceanía e Antártida.
  • OCÉANOS. Son cinco: Atlántico, Índico, Pacífico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.

Exercicio