Polo movemento de translación a Terra móvese arredor do Sol, impulsada pola gravitación, en 365 días, 5 horas e 57 minutos, equivalente a 365,2422 días, que é a duración do ano. O noso planeta describe unha traxectoria elíptica de 930 millóns de quilómetros, a unha distancia media do Sol de 150 millóns de quilómetros.
       O Sol atópase nun dos focos da elipse. A distancia media Sol-Terra é 1 U.A. (Unidade Astronómica), que equivale a 149.675.000 km.
       Como resultado dese larguísimo camiño, a Terra viaxa a unha velocidade de 29,5 quilómetros por segundo, percorrendo nunha hora 106.000 quilómetros, ou 2.544.000 quilómetros ao día.
       A excentricidade da órbita terrestre fai variar a distancia entre a Terra e o Sol no transcurso dun ano. A distancia Terra-Sol no perihelio é de 142.700.000 quilómetros e a distancia Terra-Sol no afelio é de 151.800.000 quilómetros.