Como utilizamos SMART Ink noutras aplicacións?

-Web

Cando estamos a traballar nunha web tamén podemos escribir ou marcar o que consideremos importante, para poder escribir poderemos activar a opción do rotulador dende o menú SMART Ink ou dende a barra de ferramentas flotante ou da barra de rotuladores:

Recordemos que unha vez realizadas as anotacións podemos capturalas dende o menú do SMART Ink na opción "Capturar". Cando escribimos sobre unha páxina web tamén temos a opción de pasalo a tinta dixital, para iso só temos que seleccionar (picar sobre a tinta dixital do que escribimos) e automaticamente aparecerán dúas opcións tal e como se mostra na seguinte imaxe:

 

Se pulsamos na icona da letra "A" saltará unha ventá coa seguinte mensaxe:

Tal e como indica a ventá, agora debemos tocar co dedo/rotulador (coma se o noso dedo/rotulador fose o rato do ordenador) no lugar onde queremos poñer o que escribimos: