Como utilizamos SMART Ink noutras aplicacións?

-Power Point

Co Power Point a forma de traballar coas ferramentas SMART Ink é igual que se indicou anteriormente pero só no modo normal (non en modo presentación). Cando utilizamos o Power Point en modo presentación apareceranos unha barra de ferramentas flotante tal e como se mostra na seguinte imaxe:

Dende as iconas da barra de ferramentas flotante ou se utilizamos os rotuladores da bandexa de rotuladores podemos tomar anotacións, marcar o que consideremos máis importante, agregar diapositivas en branco, etc. sobre a nosa presentación de PPT. Tamén temos un menú na barra de ferramentas do PPT en modo presentación con diferentes opcións: