REPRODUCCIÓN CON SMART VIDEO PLAYER

  • Podemos escribir ou debuxar sobre un video que se está reproducindo con este reproductor.
  • Abrimos SMART Video Player desde o menú de Ferramentas de SMART e seleccionamos ARQUIVO - ABRIR. Buscamos a carpeta onde temos o video e o seleccionamos.

Mentres se está reproducindo podemos controlar a reproducción mediante os botóns que aparecen na parte inferior:
  1. Reproduce ou pausa o video.
  2. Detén o video e pasa ao comezo.
  3. Captura a imaxe actual do video.
  4. Pasa o mouse a modo de cursor.
  5. Usa o cursor como rotulador
  6. Cambea a cor do rotulador.
  7. Cambea o ancho do rotulador.
  8. Borra as notas escritas no video.
  9. Pantalla completa.
  10. Repite o video.
  11. Detén o son.
  12. Sube ou baixa o volume.

  • Se collemos un rotulador mentres se reproduce o video, automáticamente se para ata que volvemos a depositar o rotulador na bandexa. Se queremos cambiar esto, temos que ir a Configuración e cambiar esta opción.
  •  Tamén podemos facer que as notas desaparezan gradualmente ao cabo dun tempo.