CREAR UN PUZZLE

Abrimos Notebook. Imos a INSERIR - FICHEIRO DE IMAXE  e buscamos no cartafol PDIEI o ficheiro "tigre.jpg". O centramos na páxina e dámoslle o tamaño desexado.

Collemos a ferramenta FORMAS e seleccionamos o rectángulo para facer un recadro todo arredor da imaxe do tigre. Logo coa ferramenta LIÑAS facemos as división que queramos nese rectángulo para dividir a imaxe do tigre.

Despois collemos a ferramenta CAPTURA DE PANTALLA e coa selección de área facemos captura de cada un dos trozos en que dividmos a imaxe do tigre. Hai que fixarse en que non esté marcada a opción de CAPTURAR EN NOVA PÁXINA, para que as capturas se nos queden na mesma. Seleccionamos todas estas capturas e as duplicamos.

Logo seleccionamos todo menos as capturas e imos a PROPIEDADES - EFECTOS DE RECHEO - TRANSPARENCIA DE OBXECTO e lle damos unha porcentaxe de transparencia para que quede unha referencia no fondo. Logo bloqueamos todo (BLOQUEO-BLOQUEAR).

 

Imos ao creador de actividades. Imos selecionando cada un dos fragmentos semitransparentes e, aceptando o fragmento correspondente e rexeitando o resto, compoñemos o puzzle.
Creamos un rótulo para poñer PUZZLE e se queremos seleccionamos algunha imaxe na pestaña lateral das galerías para adornar a páxina. Tamén se lle pode dar un fondo mási chamativo á páxina FORMATO-FONDO.

Tamén podemos poñer unhaimaxe do animal en pequeno e tapala cunha ferramenta dos TOLKIT (Facer clic para revelar). Observa o gráfico: a ferramenta de facer clic para revelar colocámola encima do tigre, así cando o neno fai clic, aparécelle a solución do puzzle.

Deberá quedar unha cousa así:

Garda o ficheiro no teu cartafol PDIEI co nome: puzzle.notebook