PARELLAS
Abrimos o ficheiro anterior (vortice.notebook). e imos a AGREGAR PÁXINA.

Imos á pestaña lateral GALERÍAS e seleccionamos LAT 2.0 ES- ACTIVIDADES - PARES - INTERACTIVA Y MULTIMEDIA (é preciso ter instalado o paquete TOLKIT 2.0). Pinchamos nun deles e o arrastramos á folla do caderno de notas.

Xa en Notebook, pinchamos en EDITAR.
Logo damos na esquina superior dereita no botón do medio para restaurar a ventana e facémola dun tamaño aporoximado da metade da pantalla.
Abrimos o cartafol onde temos os RECURSOS e dámoslle tamén a esa ventana un tamaño aproximadamente igual que o da ventana do NOTEBOOK. En VISTAS (menú superior da ventana de windows) seleccionamos VISTAS EN MINIATURA.

Pinchamos a imaxe do can e arrastrámola para a primeira casiña da actividade de pares. Logo pinchamos no gato, no pingüíno no león, no morcego e no pato e ímolas metendo respectivamente cada unha nunha casiña.

Dámoslle a aceptar e bloqueamos a actividade despois de darlle o tamaño desexado.

Escribimos un rótulo co enunciado da actividade.

Gardamos o ficheiro co nome: parellas.notebook