ACTIVIDADE CON LUPA
Abrimos o ficheiro anterior (correccion1.notebook). e imos a AGREGAR PÁXINA.

Imos a INSERIR IMAXE e imos metendo as imaxes dos animais que queremos que aparezan na actividade: tigre.jpg, pingüíno.jpg, murcielago.jpg

Debaixo de cada imaxe, e deixando un espazo, colocamos o nome de cada animal. Temos que comprobar que os nomes están ordenados cara ao fronte. Para iso seleccionamos o rótulo e despregamos o menú contextual co botón dereito do rato. Escollemos ORDENAR-TRAER CARA AO FRONTE. Podemos clonar estes nomes para que os nenos/as os arrastren despois.

Agora facemos un rectángulo para colocar debaixo de cada animal e encima do nome:

Bloqueamos estes rectángulos para que non se movan accidentalmente.
Seleccionamos FORMATO - FONDO e dámoslle a mesma cor ao fondo da páxina que a que teñen os rótulos cos nomes dos animais. Previamente cambiamos a cor aos rótulos que clonamos para arrastralos.

Da a impresión que desapareceron os rótulos que había debaixo dos rectángulos, pero están aí coa mesma cor que o fondo.
Agora imos á pestaña lateral GALERÍAS e no CATÁLOGO DE IMAXES despregamos o submenú IMAXES, buscamos unha lupa e a arrastramos cara á páxina. Logo seloeccionamos FORMAS e escollamos a ferramenta de facer óvalos. Facemos un óvalo do mesmo tamaño que a lente da lupa, colocámolo encima mesmo e agrupamos todo. Comprobamos que a lupa está en ORDENAR-CARA ATRÁS e BLOQUEAR-PERMITIR MOVER.

 

Ao mover a lupa e pasala por onde están agochados os nomes dos animais, deben ir aparecendo.

Facémos un rótulo para escribir o enunciado da actividade. Pode ser unha cousa así:

Gardamos o ficheiro co nome: lupa.notebook