ACTIVIDADE CON CORRECCIÓN
Abrimos o ficheiro anterior (parellas.notebook). e imos a AGREGAR PÁXINA.

Imos a INSERIR IMAXE e imos metendo as imaxes dos animais que queremos que aparezan na actividade: perro.jpg, gato.jpg, leon.jpg, pato.jpg

Debaixo de cada imaxe, e deixando un espazo, colocamos o nome de cada animal. Estes nomes podemos clonalos porque logo necesitaremos outros para que os nenos/as os arrastren.

Agora facemos un rectángulo para colocar debaixo de cada animal e encima do nome:

Bloqueamos estes rectángulos para que non se movan accidentalmente.
Facemos outro rectángulo para colocar por encima do nome do animal. Temos que comprobar en ORDEAR que está CARA AO FRONTE. Tapamos con eses rectángulos cada un dos nomes dos animais. Eses nomes tamén deben estar bloqueados para que non se movan accidentalmente.

Seleccionamos o rectángulo de abaixo e imos a PROPIEDADES:

Seleccionamos ANIMACIÓN DE OBXECTOS - DESAPARECER GRADUALMENTE - CANDO ESTÁ PULSADO O OBXECTO:

Facemos o mesmo co resto dos animais.
 

Bloqueamos todo agás os rótulos que os nenos terán que colocar no primeiro rectángulo de cada animal e dámoslle un FONDO á páxina un pouco máis suxerente e escribimos un rótulo co enunciado da actividade:

Gardamos o ficheiro co nome: correccion1.notebook