OBXECTOS DE NOTEBOOK

En Notebook podemos crear os seguintes obxectos:  
  • Escribir un texto.
  • Debuxar cunha ferramenta.
  • Crear figuras xeométricas.
  • Insertar contidos das galerías ou de Internet.

Todos estes obxectos podemos xiralos, movelos ou arrastralos a outra páxina

MODIFICACIÓN E MOVEMENTO DE OBXECTOS
Se seleccionamos un obxecto da páxina podemos cambear as súas características. O obxecto seleccionado ten dúas manixas e un menú.
  • A manixa verde usámola para rotar o obxecto e a branca para facelo máis grande ou máis pequeno.

  • Se o obxecto é unha liña recta, ao seleccionala aparecerán dúas manixas brancas. podemos arrastrar calquera das dúas pra alargala, acurtala ou cambear o seu ángulo. (Se mantemos presionada a tecla Shift mentres rota, a posicionará de 45º en 45º).

  • Se o obxecto é unha figura xeométrica, para facilitar a súa selección, seleccionamos o contorno, eliximos Propiedades do menú e enchemos a figura con cor ou cambemaos calquera outra propiedade.

  • Para mover un obxecto dunha páxina a outra, asegurámonos de que a pestaña Clasificador de páxinas está activa e a casiña Ocultar automáticamente non esté seleccionada. Despois simplemente seleccionamos o obxecto que queremos mover e o arrastramos á páxina apropiada.

MENÚ DO OBXECTO
Cando seleccionamos un obxecto, aparécenos un menú desplegable co que podemos facer estas cousas:
  • Converter unha palabra ou un número escrito con tinta dixital en texto mecanografiado.

  • Crear unha copia do obxecto.

  • Cortar, copiar e pegar para ou do portapapeis.

  • Eliminar o obxecto.

  • Comprobar a ortografía (mecanografiado).

  • Facer transparentes partes dunha imaxe.

  • Bloquear o obxecto (non admite modificacions).

  • Agrupar varios obxectos.

  • Voltear o obxecto.

  • Ordear os obxectos (diante-atrás).

  • Engadir un vínculo.

  • Engadir un son.

  • Modificar a cor, o grosor, o estilo de liña ou a transparencia do obxecto.

FERRAMENTAS DE TEXTO  

Se temos un texto escrito (non manuscrito) e presionamos dúas veces nel, aparecerá a barra de ferramentas de texto e poderemos seleccionar o texto que queremos cambiar de propiedades utilizando as feramentas, ou engadir e quitar caracteres.