QUE É NOTEBOOK?

Notebook é unha libreta electrónica que nos serve para editar, gardar e distribuír a información que manipulamos sobre a pantalla.

Para abrir Notebook imos ao panel ou a Inicio - Programas. Abrirase un novo arquivo de Notebook. Cada arquivo de Notebook contén unha área de traballo que pode ser enchida con obxectos.
Son "Obxectos": notas manuscritas, texto tecleado, gráficos, clip art, arquivos Flash... (explícase na sección "obxectos")