MENÚS

Os  menús de Notebook dan acceso ás mesmas ferramentas e características da barra de ferramentas e a certas ferramentas non dipoñibles nesa barra.
   
Ficheiro
  • Abre arquivos novos existentes.
  • Garda o arquivo.
  • Garda a páxina actual como plantilla.
  • Exporta o arquivo a unha variedade de formatos de arquivo.
  • Envía arquivo a destinatario de correo.
  • Imprime arquivos ou modifica axustes de impresión.
Editar

(Algunhas accións tamén se fan co menú contextual:botón dereito)

  • Desfai e refai accións previas.
  • Clona, corta, copia, pega, elimina obxectos seleccionados ou tódolos obxectos dunha páxina.
  • Edita o texto.
  • Revisa a ortografía do texto do arquivo.
  • Elimina a páxina actual.
Ver
  • Cambia a vista actual (clasificador, galería, adxuntos, pantalla completa)
  • Esconde a barra de desprazamento lateral.
  • Executa a captura de pantalla ou a sombra de pantalla.
  • Zoom para agrandar ou reducir a vista do contido da páxina.
Inserir
  • Engade páxinas en branco, plantillas, clip art, arquivos de gráficos, arquivos de flash ou hipervínculos.
Formato
  • Cambea propiedades da letra (negriña, subliñado, cursiva)
  • Cambea propiedades de obxectos (cor, ancho de liña, encher de cor, transparencia)
  • Bloquea propiedades e posición de obxectos.
  • Cambea a cor de fondo da páxina.
Matemáticas (só se se ten instalado Smart Notebook Math tools)

  • Ecuacións
  • Polígonos irregulares
  • Polígonos regulares
  • Ferramentas de medición
  • Táboas gráficas
  • Gráficas
Debuxar
  • Crea formas, liñas e texto.
  • Acceso ao rotulador, rotulador creativo e ferramentas de borrado.
  • Selecciona, reordea, agrupa ou desagrupa obxectos.
Axuda
  • acceso á información a cerca de Notebook.
  • Revisa as actualizacións do programa.