INTEGRACIÓN DE LIM EN
NOTEBOOK |
VIDEO TITORIAL |
Podemos integrar un libro LIM
nunha unidade didáctica preparada con NOTEBOOK. Os pasos son os
seguintes: |
- Abrimos o arquivo de
NOTEBOOK e introducimos o arquivo lim.swf creado no
libro LIM en Mi contenido na Ficha Lateral GALERÍAS.
Esta primeira operación só haberá que facela a primeira vez, xa que
este arquivo quedará para sempre como membro da GALERÍA de NOTEBOOK.
|
 |
- Situámonos na páxina
de NOTEBOOK onde queremos insertar o libro LIM. Abrimos a Ficha
Lateral de Galerías e en INTERACTIVA E MULTIMEDIA, localizamos
lim, despregamos o seu menú na frecha e seleccionamos
Insertar en Notebook.
|
 |
- Pechamos o NOTEBOOK e
gardamos o arquivo na carpeta que elixamos.
|
- Agora imos á carpeta
onde temos o libro LIM, seleccionamos todos os arquivos e copiámolos.
|
 |
- Buscamos en MiPc esa
carpeta onde gardamos o arquivo de Notebook. Seleccionámolo e,
facendo outro clic no seu nome, cambiámoslle a extensión (as tres
letras que van despois do punto) notebook pola extensión
zip.
- Lóxicamente, teremos
que ter instalado no Pc un compresor de arquivos como Winzip, Winrar,
Alzip...
|
 |
 |
- Ao dar un clic co rato
fóra do arquivo, automáticamente cambiará de aspecto e tomará o
aspecto dun arquivo comprimido
|
. |
- Facendo clic co botón
dereito sobre o arquivo zip, extraemos todo o seu contido para a
carpeta universo, que creará automáticamente dentro da carpeta onde
estamos traballando.
|

|

|
- Facemos dobre clic na
carpeta xa descomprimida universo. Buscamos unha carpeta que se chama flash, e
dentro dela outra carpeta que se chamará flash1, flas2, flas3...(segun
os arquivos multimedia que tivera o arquivo de notebook). Abrimos
flas1(se é o caso) e pegamos todo o contido do portapapeis que
tíñamos copiado.
- Buscamos o arquivo que
ten a extensión lim (universo.lim, por exemplo) e
cambeámoslle o nome universo por lim.
- Terán que quedar os
arquivos lim.lim e lim.swf.
|
 |
 |
- A continuación
volvemos a comprimir todos os arquivos e carpetas a formato zip.
|
 |
- Por último cambiamos a
extensión zip pola extensión notebook e xa temos
integrado o libro na unidade didáctica.
|
 |
 |