FICHAS LATERAIS

Hai cinco fichas no costado dereito ou esquerdo, según desexemos.

  • Se presionamos na ficha de "Clasificador de páxinas" vemos unha imaxe en miniatura de cada unha das páxinas do arquivo de Notebook.

  • Se presionamos en "Galería" accedemos ás coleccións de imáxenes que temos gardadas.
  • Se presionamos en "Adxuntos" podemos engadir hipervínculos ou anexos dende outras aplicacións
  • A icona de Propiedades abre un menú que fai efecto sobre o obxecto que está seleccionado. Se non hai obxecto seleccionado, as propiedades aplícanse á páxina. Tamén abre o menú de Gravación de páxina, para grabar unha sesión.
  • A icona da peza do crebacabezas abre o creador de actividades
  • Se presionamos na frecha, movemos as fichas ao lado oposto da páxina.
  • Pódense ocultar as fichas marcando a casiña "Ocultar automáticamente".

CLASIFICADOR DE PÁXINAS

  • Se seleccionamos esta ficha, vemos as vistas en miniatura de tódalas páxinas do arquivo.
  • Podemos arrastrar unha páxina a calquera parte da columna para cambiar a orde nun arquivo.
  • A páxina activa está indicada por un menú. Seleccionar outra páxina no clasificador fai desa páxina a nova páxina activa no clasificador e no encerado.
O menú despregable presenta estas opcións:
  • Eliminar páxina.
  • Borrar páxina.
  • Insertar páxina en branco.
  • Crear unha páxina idéntica despois da activa.
  • Renomear a páxina.
  • Amosar os enlaces.
  • Activar a sombra de pantalla.

GALERÍAS

  • As galerías axudan a realizar presentacións con multitude de imaxes, plantillas e arquivos de flash organizados en coleccións.

  • Estas galerías pódense actualizar vía Internet ou ben, engadindo imaxes creadas ou importadas por nós mesmos.

  • Para crear unha subcategoría de galería, en Mi contenido despregamos a frecha, seleccionamos Nova carpeta e dámoslle un nome.

  • Seleccionamos Arquivo - Gardar páxina como elemento de galería e dámoslle un nome.

  • Na subcategoría que creamos despregamos a frecha e seleccionamos Agregar a mi contenido. Buscamos a páxina que gardamos como elemento de galería e xa temos a imaxe para utilizar cando queiramos.

ADXUNTOS

  • Esta ficha serve para agregar ou editar arquivos, páxinas web e hipervínculos adxuntos ao arquivo de Notebook que estamos traballando.
  • Para inserir un arquivo seleccionamos Inserir na parte inferior da ficha e buscamos o lugar onde está o arquivo. Para abrir o arquivo ou hipervínculo unha vez que o temos metido en Adxuntos, facemos doble presión no seu nome da ficha.

PROPIEDADES

  • A ficha de Propiedades desplega un menú para modificar as propiedades do obxecto que teñamos seleccionado.

  • Se non temos ningún obxecto seleccionado, o menú afectará á páxina activa.

 

CREADOR DE ACTIVIDADES

  • A ficha de Creador de actividades desprega un menú para crear actividades interactivas.

  • Cun obxecto seleccionado pulsamos en "Creador de actividades.

 

 

 

  • A continuación pulsamos en Edición.

 

 

 

 

  • Xa só nos queda engadir arriba os obxectos que acepta o obxecto seleccionado e abaixo os que rexeita. Podemos cambear a configuración e logo pulsamos en "Feito".