FERRAMENTAS DO ENCERADO DIXITAL |
||
Presionando na icona de Smart na área de notificación (parte inferior dereita) accedemos ao menú de ferramentas: | ||
|
NOTEBOOK Serve para gardar as notas escritas na pantalla interactiva ou no ordenador nunha serie de páxinas. Tamén se poden buscar obxectos gardados nas galerías (imaxes, videos, flash...) |
|
|
GRAVADORA Grava as accións que teñen lugar na pantalla interactiva. Tamén se gravan sons. |
|
|
REPRODUCTOR Pódese escribir ou debuxar sobre imaxes de video. Serve para reproducir arquivos de video almacenados no ordenador. |
|
|
TECLADO Serve para escribir ou modificar texto en calquera aplicación sen saír da pantalla. |
|
|
FERRAMENTAS FLOTANTES Da acceso rápidamente ao rotulador, ao resaltador, ao borrador e outras ferramentas de uso frecuente. Pódense tamén capturar pantallas ou áreas. |