VINCULAR PARTES DUN OBXECTO
 
  • Abrimos NOTEBOOK.
  • Na primeira páxina insertamos a imaxe da carpeta RECURSOS: sistema_digestivo.jpg

  • Insertamos unha nova páxina premendo no icono:
  • Insertamos a imaxe da carpeta de RECURSOS: boca.jpg
  • Como práctica de repaso podemos retocar a imaxe eliminándo os elementos indesexados até deixala como a figura da dereita.
  • Unha vez retocada (se se retoca) non esquezamos seleccionar toda a área onde creamos obxectos e bloquealos para que non se movan sen querelo.

  • Agora situámonos de novo na primeira páxina onde temos o obxecto co sistema dixestivo completo.
  • Facemos un "borrón" co rotulador en calquera cor na zona da boca.

  • Seleccionas ese "borrón" e accedemos ás súas propiedades co menú contextual ou co icono de propiedades.
  • Desprazamos o botón de TRANSPARENCIA DE OBXECTO totalmente á dereita.
  • Volvemos a despregar o menú contextual e imos a VÍNCULO.

  • Seleccionamos PÁGINA DESTE ARQUIVO.
  • Collemos a páxina 2 onde temos a imaxe da boca e resaltamos OBXECTO.

  • Por último bloqueamos o "borrón" para que non se nos mova involuntariamente.

  • Se prememos en calquera parte da boca, accedemos á páxina 2 onde temos a explicación específica desa parte do sistema dixestivo.
  • Gardamos o arquivo co nome bloque2.notebook
TAREFA:
  • Como tarefa complementaria podemos arrastrar un rótulo da pestaña de GALERÍAS que poña VOLVER na páxina 2 que nola vincule coa páxina 1. Logo faremos un vínculo desde a zona do estómago até a páxina 3 onde teremos un debuxo do estómago (na carpeta RECURSOS o arquivo estomago.jpg)
  • Garda o arquivo co nome tarefa5.notebook