CREAR UN VÍNCULO DE VIDEO  
  • continuamos con bloque2.notebook
  • Na primeira páxina, ao lado da figura do aparello dixestivo creamos un rótulo: VIDEO
  • Seleccionamos o rótulo e no menú contextual imos a VÍNCULO

 

  • Seleccionamos ARQUIVO DESTE EQUIPO e en EXAMINAR buscamos o arquivo digestion.avi da carpeta de RECURSOS. Aceptamos e bloqueamos o rótulo.
  • Ao presionar no rótulo abrirase o arquivo de video co reproductor que teña por defecto o ordenador.

  • Se queremos que o arquivo de video se abra co reproductor de SMART debemos configurar o ordenador para que sexa este reproductor o que abra este tipo de arquivos por defecto. É interesante configurar o ordenador que esté conectado coa pizarra dixital, pois o reproductor de SMART ofrece prestacións interesantes explicadas no manual que outros reproductores non teñen
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co mesmo nome bloque2.notebook.

 

TAREFA: Baixa un video de YOUTUBE. Convírteo en formato AVI co programa Free FLV Converter se estás co navegador Internet explorer (En Enlaces interesantes do manual tes un enlace para baixalo). Se usas o navegador Mozila Firefox, usa o complemento Video DownloadHelper. Logo crea un rótulo nunha páxina nova de Notebook e faille un vínculo que abra ese video co reproductor SMART.

Garda o arquivo co nome tarefa9.notebook