CREAR UNHA UNIDADE DIDÁCTICA
ESQUEMA
  • Abrimos Notebook
  • O esquema da unidade didáctica é o seguinte:

PÁXINA INICIAL
Na primeira páxina faremos unha presentación da unidade cun rótulo e unha imaxe retocada:

PÁXINA CENTRAL
  • Na segunda páxina estará a estructura da unidade:

  • Buscamos unha imaxe, retocámola, poñemos frechas, escribimos os nomes dos ósos e o texto.
ENLACE CUN VIDEO EXTERNO
  • A continuación imos a internet e buscamos en youtube un video alusivo á unidade, baixámolo e convertímolo a formato avi ou mpg co programa FLV CONVERTER (Se non o temos instalado no ordenador, baixámolo co enlace que hai na web do manual). Se usamos o navegador FIREFOX, co complemento Download Helper podemos baixalo e convertilo na mesma operación.

  • Facemos un vínculo no rótulo VIDEO que nos abra o arquivo que vimos de converter. Recordar antes de nada que debemos facer que o ordenador abra por defecto estes arquivos co reproductor de SMART.

ENLACE CUN FLASH NUNHA PÁXINA DE NOTEBOOK
  • Agora buscamos en internet un flash que nos interese. Recordade que para esta unidade, poríamos no google, por exemplo: huesos filetype:swf
  • Se temos instalado SAVE FLASH capturamos o que nos interese e gardámolo no disco duro. (Se non o temos instalado podemos baixalo no enlace da web do manual)
  • Se utilizamos MOZILA imos a HERRAMIENTAS-INFORMACIÓN DE LA PÁGINA-MEDIOS seleccionamos o ficheiro coa extensión swf e gardámolo no noso cartafol.
  • Agora en NOTEBOOK engadimos unha nova páxina e imos a INSERTAR-ARQUIVO FLASH
  • Buscamos o flash que baixamos e insertámolo.

  • Agora temos que ir á páxina central e facer un vínculo desde o rótulo FLASH á páxina onde temos o arquivo Flash.
  • Tamén temos que facer nesta última páxina un rótulo VOLVER que nos devolva á páxina central cando rematemos de ver o Flash.

ENLACE CUNHA PÁXINA ONDE CREAMOS UN EXERCICIO
  • Poñémonos na páxina central e imos a ARQUIVO-GARDAR PÁXINA COMO ELEMENTO DE GALERÍA
  • Dámoslle un nome e fixámono onde a gardamos.

  • Agora engadimos unha páxina nova en NOTEBOOK

  • Buscamos o arquivo de galería que vimos de gardar e insertámolo. Vemos que temos unha copia da páxina central. Eliminamos os elementos que non nos interesen e escribimos o enunciado do exercicio e arrastramos o rótulo VOLVER da galería para vincular esta páxina coa central.

  • Facemos en cada parte do esqueleto un borrón e vínculámolo ao son correspondente que atoparemos no cartafol de recursos. Logo dámoslles aos borróns a transparencia 100% e bloqueamos.

ENLACE DUNHA PARTE DUN OBXECTO CUNHA PÁXINA
  • Engadimos unha nova páxina NOTEBOOK e insertamos unha imaxe do cranio que previamente baixamos de internet. Se fai falla, retocámola. Logo escribimos os textos cos nomes dos ósos do cranio, pois nesta páxina explicaremos aos alumnos/as esta parte do esqueleto.

  • Situámonos na páxina central e facemos un borrón na parte da cabeza do esqueleto:

  • Dámoslle transparencia 100% e vinculamos este "borrón" coa páxina nova onde temos o cranio.
  • Por último bloqueamos o borrón e arrastramos da galería un rótulo VOLVER á páxina nova para retornar á páxina central.
ENLACE CUNHA ACTIVIDADE DE JCLIC
  • Na web do manual imos a buscar actividades JCLIC.
  • Buscamos unha que nos sirva para a unidade. Por exemplo, APARATOS.
  • Instalámola no ordenador no directorio por defecto.
  • Imos ao directorio por defecto onde está instalada a actividade (C:\Archivos de programa\JClic\projects) seleccionamos o arquivo con extensión zip, cortámolo e pegámolo na nosa carpeta de traballo (por exemplo: pizarra).
  • Abrimos JClic Author e en FERRAMENTAS-CREAR UNHA PÁXINA WEB damos a aceptar cos parámetros por defecto.
  • Agora na nosa unidade didáctica de NOTEBOOK, na páxina central, facemos un vínculo desde o rótulo JCLIC ata o arquivo index.htm que acabamos de crear na nosa carpeta de traballo. Recorda que ten que ser como acceso directo.
ENLACE CUN LIBRO LIM
  • Se queremos, podemos crear un libro LIM (no manual están os enlaces para baixar o programa). Se non, podemos aproveitar un libro xa creado no enlace: http://www.caloto.es/corpo/exercicios/esque.html
  • Buscamos nas galerías unha imaxe ou creamos un rótulo co texto: LIM e vinculámolo co arquivo de extensión .htm do libro que creamos, ou co enlace á páxina web citado no anterior punto.
  • Por último bloqueamos o obxecto que serve de vínculo ao libro.

Garda a unidade didáctica co nome: unidade.notebook