CREACIÓN DUN RÓTULO
  • Abre SMART Notebook.
  • Selecciona a ferramenta TEXTO e escribe: OS SENTIDOS.
  • Co texto seleccionado vai ao botón PROPIEDADES ou desprega o menú contextual e dalle unha apariencia parecida á que ves na imaxe.
  • A continuación vai á ferramenta  FORMAS e selecciona o rectángulo.
  • Debuxa un rectángulo que cubra totalmente o texto.
  • Co rectángulo seleccionado vai a PROPIEDADES (no menú contextual ou no botón) e dalle unha apariencia semellante á da imaxe:

 

  • Só nos falta enviar ao fondo o rectángulo. Seleccionámolo e no menú contextual imos a ORDENAR - ENVIAR AO FONDO.
  • Seleccionamos todo arrastrando o rato por fóra de todos os obxectos creados e imos no menú contextual a AGRUPACIÓN-AGRUPAR.
  • Deberá quedar algo parecido ao da imaxe:

  • Agora podemos gardar este rótulo por se quixeramos volver a utilizalo nesta unidade ou noutra.
  • Para iso despregamos a ficha lateral GALERÍA e en MEU CONTIDO, despregamos abaixo IMAXES E FONDOS.
  • Arrastramos o rótulo a esta ficha e xa queda gardado.
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co nome bloque1.notebook

TAREFA: Crea dous rótulos nunha nova páxina: EXERCICIO e VOLVER e gárdaos en MEUCONTIDO.
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co nome tarefa1.notebook