MANIPULACIÓN DUNHA IMAXE  
  • Continuamo co arquivo bloque1.notebook
  • Colocámonos na última páxina e insertamos unha nova.
  • Insertamos a imaxe de recursos: ojo2.jpg e a bloqueamos.
  • Seleccionamos o botón FRECHA e eliximos a frecha con punta.

 

  • Facemos as frechas que saen das partes do ollo. Logo escribimos os seus nomes. Debe quedar algo como o da imaxe:
  • Non esquezas seleccionar todo arrastrando o rato por fóra de todos os obxectos e no menú contextual bloquea. (Non bloquees os rótulos para que poidamos movelos).

  • Imos agora a retocar unha imaxe:
  • Situámonos nunha páxina nova de Notebook.
  • Insertamos a imaxe ojo3.jpg
  • Bloqueamos a imaxe.(Menú contextual: BLOQUEO-BLOQUEAR POSICIÓN)

  • Seleccionalos o rotulador e imos a propiedades.
  • No menú de PROPIEDADES - ESTILO DE LÍNEA seleccionamos o contagotas, pinchamos na cor da que queremos que escriba o rotulador para retocar a imaxe. Neste caso podemos seleccionar o fondo para que escriba branco e borramos as letras. Se quixeramos eliminar a raia que sae da Cámara Anterior porque non nos interesa explicar esta parte do ollo, fariamos o mesmo, pero co contagotas dariamos un toque no interior desa zona, así borraríamos a raia.

  • Cando acabemos de retocar a imaxe debemos seleccionar toda a área retocada arrastrando o rato e despregando o menú contextual seleccionamos BLOQUEO-BLOQUEAR POSICIÓN para que non se nos mova todo isto.
  • Debe quedar a imaxe retocada como a da figura.
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co mesmo nome bloque1.notebook

TAREFA: Inserta nunha páxina nova de Notebook a imaxe mapa-galicia.gif e elimina todos os rótulos dos nomes das provincias.
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co mesmo nome tarefa3.notebook