EXPLICACIÓN INTERACTIVA  
  • Seguimos coa práctica do bloque 3. Colocámonos na última páxina e engadimos páxina nova.
  • Abrimos o ficheiro pdf dun tema dixitalizado. (Pincha no enlace)
  • Coa captura de área facemos unha captura da explicación que queremos facer.

 

  • Imos a SmartNotebook, colocamos a imaxe insertada e a bloqueamos.
  • Seleccionamos nas FORMAS o RECTÁNGULO. En propiedades poñémoslle liña branco e recheo tamén branco. Se queremos gardamos as propiedades para non ter que volver a configurar estas propiedades.

 

               

  • Agora tapamos con este rectángulo todas as áreas que queremos facer desaparecer para que aparezan cando nós premamos nelas.

  • Coa ferramenta TEXTO, facemos unha interrogante en cor vermella. Coa interrogante seleccionada, despregamos o menú contextual e seleccionamos CLONADOR INFINITO. Colocamos unha interrogante encima de  cada un dos rectángulos brancos con que tapamos as áreas que queremos facer aparecer.

  • Agora seleccionamos a interrogante con cada rectángulo branco que ten debaixo e os agrupamos. Para seleccionar a interrogante co rectángulo pinchámolos coa tecla control presionada.

  • Imos ao menú de propiedades e seleccionamos ANIMACIÓN DE OBXECTOS - TIPO - DESAPARECER GRADUALMENTE. Logo bloqueamos. Ao pinchar na interrogante, aparece o que había detrás do rectángulo. Así procedemos con todas as áreas que temos tapadas.

  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co nome explica.notebook
TAREFA: Busca no mesmo pdf outra explicación e preparaa para unha explicación interactiva.
  • Garda o arquivo na carpeta PIZARRA co nome tarefa_explica.notebook