CREADOR DE ACTIVIDADES  
 
  • Continuamos con bloque3.notebook, colocámonos na última páxina, engadimos unha nova e poñemos dous obxectos como os da figura:

  • Debaixo poñemos as palabras que imos meter en cada un dos obxectos anteriores. Podemos metelas tamén nun caixón para darlle máis vistosidade.
  • Bloqueamos o fondo, pero non as palabras que teñen que arrastrar os alumnos.

  • Non debemos esquecer que as palabras teñen que estar cara ao frente, para que non se nos agochen cando as coloquemos nos caixóns.

  • Poñemos un enunciado á actividade:

  • Agora seleccionamos un dos caixóns, imos á icona e seleccionamos "Creador de actividades".

  • Seleccionamos "Edición".

 

  • Arrastramos os obxectos que corresponden ao caixón seleccionado para o recadro que di:" Aceptar estes obxectos".
  • Arrastramos os obxectos que non corresponden a este caixón para o recadro: "Engadir todo o que falta".

  • Seleccionamos "Configuración" e escollemos os efectos de animación para os obxectos aceptados e os rexeitados. Ao rematar prememos en "Feito".

  • A continuación facemos o mesmo co outro caixón, arrastrando os obxectos que correspondan aos seus recadros do creador de actividades.

 

  • Podemos poñerlle un fondo á páxina:

 
  • Gardamos co mesmo nome bloque3.notebook.
 
TAREFA: Crea ti unha actividade e gárdaa co nome: tarefa16.notebook