EXERCICIO CON CORRECCIÓN  
 
  • Continuamos con bloque3.notebook, colocámonos na última páxina, engadimos unha nova e escribimos un texto para completar:
  • Bloqueamos todo con BLOQUEO BLOQUEAR POSICIÓN no menú contextual ou en propiedades.

  • Debaixo poñemos as palabras que deben ir nos ocos (tamén se pode deixar sen as palabras e que os alumnos as escriban cos rotuladores):
  • Bloqueamos o fondo, pero non as palabras que teñen que arrastrar os alumnos.

  • A continuación escribimos as palabras encima de cada oco onde deben ir as que coloque o alumno e bloqueámolas. Logo escribimos un rótulo que diga: CORREXIR

  • Tapamos esas palabras con rectángulos brancos recheos de branco.
  • Seleccionamos todas eses rectángulos e o rótulo de CORREXIR (facendo clic en cada unha delas coa tecla Ctrl presionada)
  • Agrupámolas e despregamos o menú de propiedades, seleccionando ANIMACIÓN - DESAPARECER GRADUALMENTE - CANDO ESTEA PULSADO O OBXECTO
  • Bloqueamos con BLOQUEO - BLOQUEAR POSICIÓN

 

 

  • Gardamos o arquivo co mesmo nome bloque3.notebook
TAREFA: Crea ti un exercicio de completar con autocorrección e gárdao co nome: tarefa14.notebook