CONEXIÓN E ORIENTACIÓN |
||
Primeiro asegurámonos de que a pantalla e o proxector están conectados ao ordenador. Encendemos o proxector e o ordenador. A pantalla actívase automáticamente. |
||
Mentres se establece a comunicación, a luz do lateral da pantalla está en cor vermello. Cando a conexión está establecida, a luz é de cor verde. |
||
A continuación temos que orientar a pantalla, é dicir, establecer as proporcións para que a pantalla memorice o espazo de traballo. Isto é importante para que o dedo ou o punteiro vaian despois exactamente ao sitio que nós queremos. Para orientala, pulsamos simultáneamente os botóns de teclado e rato da pantalla (ou imos ao menú que explicaremos logo). |
||