COMPARTIR ARQUIVO NOTEBOOK

Para compartir un arquivo hai varias formas:
  • Gardar o arquivo e permitirlle ao resto do grupo usalo (Deben ter Notebook instalado no ordenador).
  • Imprimir o contido do arquivo en papel.
  • Exportar o arquivo a formato HTML, PDF, JPG, GIF,...POWERPOINT.
  • Envialo por correo electrónico no seu formato orixinal ou en PDF.

PRINT CAPTURE

 
  • É unha utilidade que permite agregar arquivos enteiros desde outras aplicacións. É como imprimir en papel. Por cada páxina do arquivo que temos no programa creará unha páxina no Notebook.

  • En calquera aplicación que teñamos instalada no ordenador, abrimos un arquivo e seleccionamos Arquivo - Imprimir. Cando o diálogo de impresión apareza, seleccionamos SMART Notebook Print Capture na lista de impresoras dispoñibles. Pulsamos OK e xa vai para un arquivo de Notebook.