A REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS

A reprodución animal é SEXUAL, porque interveñen animais de sexo feminino e masculino.

O APAREAMENTO é a unión entre un macho e unha femia para reproducirse.

Tras o apareamento comeza a formación das crías. Según o modo de formarse, os animais poden ser:

  • ANIMAIS VIVÍPAROS: As crías fórmanse no interior do corpo da nai. Por exemplo, as persoas e tódolos mamíferos

  • ANIMAIS OVÍPAROS: As crías fórmanse dentro dos ovos que pon a nai. Por exemplo, as aves e os insectos.