A RELACIÓN NOS ANIMAIS

Os animais realizan a función da relación utilizando os órganos dos sentidos, os músculos e o sistema nervioso.

O órgano máis importante do sistema nervioso é o cerebro.

Os órganos dos sentidos envían a información ao cerebro a través dos nervios. O cerebro analiza a información e decide que facer. Logo manda ordes aos músculos a través dos nervios.

O ollo do gato capta un rato e envía a información ao cerebro.

O cerebro analiza a información e manda ordes aos músculos das patas.

O gato salta e atrapa ao rato.