NUTRICIÓN das PLANTAS

As plantas non toman alimentos, senon que os fabrican elas mesmas. Para iso necesitan:
  • Auga, que toman da terra pola raíz.
  • Sales minerais, que tamén toman pola raíz.
  • Dióxido de carbono (CO2), un gas que toman do aire polas follas.
  • Luz do sol, que utilizan grazas a unha substancia de cor verde que teñen nas follas que se chama clorofila.