Okinawa, en Xapón, é un dos lugares do mundo onde viven máis persoas con máis de cen anos.

E o mellor é que se manteñen moi activas: pasean, fan exercicio ao aire libre e, incluso, traballan.

Moitos médicos téñense preguntado que ten Okinawa de especial e que tipo de vida levan as persoas de alí para viviren tantos anos.

Parece ser que o segreso está na suavidade do clima, unha dieta equilibrada, o hábito de camiñar e... o bo humor!