Todas as rochas están formadas por minerais. Pero entre elas son moi diferentes:

  • Algunhas, coma a calcaria, poden ter tamén cunchas ou restos doutros animais.

  • Algunhas están compostas por un só mineral, como o mármore, que está composto pola calcita. Outras están formadas por varios minerais, como o granito que ten cuarzo, feldespato e mica.

  • Hai rochas que son duras, como o mármore e rochas que son moi brandas, como a arxila. Incluso hai rochas líquidas, como o petróleo.