A REPRODUCCIÓN é a función pola que os seres vivos creamos descendentes similares a nós mesmos.

Ao unírense dúas células diferentes: unha procedente da nai, chamada óvulo, e outra do pai, o espermatozoide fórmase o cigoto.

Os espermatozoides son unhas células moito máis pequenas que os óvulos e móvense grazas a unha cola en forma de látigo.

A unión dun espermatozoide e dun óvulo chámase fecundación.

Unha vez que se forma, o cigoto comeza a dividirse e a medrar producindo cada vez máis células ata que se forma un pequeno individuo no que se empeza a distinguir a cabeza, os brazos, as pernas,...

Este tipo de reprodución chámase reprodución sexual porque interveñen dous individuos diferentes:

  • O macho, ou de sexo masculino, que produce os espermatozois¡des ou células sexuais masculinas.

  • A femia, ou de sexo feminino, que produce os óvulos, ou células sexuais femininas.

Nos seres humanos, os individuos masculinos chámanse homes e os femininos mulleres.

O APARELLO REPRODUCTOR é o conxunto de órganos que nos serve para reproducirnos