| O PARTO é o proceso durante o cal o neno nace, é dicir, sae do útero ao exterior pola vaxina. Normalmente, primeiro sae a cabeza e logo o resto do corpo. |
|
| Despois do parto córtase o cordón umbilical. Os seus restos secan e despréndense deixando no ventre do bebé unha cicatriz: o embigo. | |
| Ás veces o parto é prematuro, nace antes de tempo. A partir do sétimo mes ou antes, o feto xa pode sobrevivir fóra do útero, aínda que non acadase o peso axeitado. |
|