A función do aparello reprodutor masculino é fabricar espermatozoides que se depositarán no aparello rerodutor feminino.
Os órganos máis importantes do aparello reprodutor masculino son:
Os testículos: dous pequenos órganos arredondaos, cubertos pola pel, situados debaixo do pene.
  • A partir da puberdade, cada testículo fabrica continuamente moitos espermatozoides.

  • Cada testículo comunícase co pene por un tubo chamado conduto deferente.

O pene: é un órgano de forma cilíndrica que ten no seu interior un conduto chamado uretra.

  • A uretra conduce os espermatozoides fóra do corpo do home. Tamén conduce ao exterior a urina almacenada na vexiga.

  • A urina nunca se mestura cos espermatozoides, porque estes soamente poden circular pola uretra cando se pecha unha especie de válvula que impide o paso da urina cando é necesario.

Vista de perfil