O EMBARAZO é a formación do meniño no ventre da nai.

Na unión sexual o home deposita millóns de espermatozoises na vaxina da muller. Uns centos, grazas aos movementos da súa cola, pasarán da vaxina ao útero e logo ás Trompas de Falopio, que comunican cos ovarios. Se no seu percorrido polas Trompas se atopan cun óvulo, un deles unirase con el e fecundarao. Cando ese espermatozoide atravesa o óvulo, impide a entrada dos demáis. Ao unirse o óvulo e o espermatozoide, fórmase o cigoto e iníciase o embarazo, que finalizará co na cemento do novo ser.

O cigoto descenderá pola Trompa de Falopio ata o útero, adheríndose á súa parede. O cigoto comeza a dividirse formando moitas células e medra formando o embrión. Logo sepárase da parede do útero, pero segue unido a el polo cordón umbilical. O cordón umbilical contén moitos vasos sanguíneos por onde circulan os alimentos e o osíxeno que lle proporciona a nai ao embrión. Tamén elimina polo cordón umbilical os refugallos do embrión. O embrión permanece no útero durante nove meses que dura o embarazo.

A finais do segundo mes, o embrión xa ten aspecto semellante ao dun bebé e chámase feto.

O ventre da nai embarazada vai medrando porque o útero ensánchase para dar cabida ao feto. Ao cabo de nove meses xa está preparado para saír ao exterior e comezar unha vida autónoma.

Desenvolvemento do meniño no embarazo: