Así nace unha cidade

O Oeste americano foi colonizado por emigrantes europeos que buscaban unha vida mellor. En América do Norte había enormes extensións de terras, inmensas pradarías para alimentar o gando, ricas minas de ouro...

O descubrimento de ouro na actual cidade de San Francisco hai máis de 150 anos atraeu numerosos colonos. Pouco a pouco este lugar transformouse nunha gran cidade.

Os colonos trasladábanse en carretas tiradas por cabalos. Ás veces, algunhas familias establecíanse nun lugar da ruta e fundaban unha pequena comunidade. Construían casas de madeira e, nelas, instalaban comercios e negocios. Ganaban a vida proporcionándolles aos viaxeiros todo o que necesitaban: alimentos, utensilios, cortes para os animais...

Co tempo, acudía tanta xente a ese lugar que fac´´ian falta outros servizos: un hotel, un bar, un banco, unha igrexa, a escola...

Así, o que ao principio só era un grupo de familias convertíase pouco a pouco nunha cidade.