As cidades son localidades grandes. As súas características son:
  • Os edificios son altos
  • As rúas son largas e longas
  • Nas cidades viven moitas persoas que traballan en oficinas, comercios, fábricas, ...

A maior parte da poboación de España vive nas cidades. Vivir nunha cidade ten vantaxes e inconvenientes:

  • A principal vantaxe é que a cidade ten moitos servizos (tendas, centros comerciais, hospitais, comercios, colexios, universidades, museos, teatros) e ofrece traballos máis variados ca as aldeas.

  • Os inconvenientes principais son os ruídos, os fumes e os atascos do tráfico.

As cidades divídense en barrios:

  • O barrio antigo ou centro: É a parte máis antiga. As rúas son estreitas e as casas baixas. É onde están os monumentos.

  • Os barrios modernos ou ensanches: son os barrios que rodean ao centro. Son rúas largas e rectas con edificios altos.
  • Os barrios da periferia: son os barrios que esá arredor dos ensanches. Hai zonas residenciais con edificios moi altos, centros comerciais e fábricas.