Edificios que tocan as nubes

Os rañaceos comezaron a construírse hai máis de cen anos en Nova York, porque nesa cidade cada vez vivían máis persoas e non había suficiente espazo para todos. Era necesario aumentar a altura dos novos edificios.

Naquel momento a todo o mundo lle parecía que unha casa de dez plantas era un rañaceos. Pero actualmente constrúense edificios moito máis altos, como o Burkh Dubai. Está nos Emiratos Árabes Unidos e ten máis de 150 plantas e unha altura de... máis de medio quilómetro!