En Galicia celébranse moitas festas. Poden ter orixe en feitos relixiosos ou culturais.

  • Festas relixiosas. Celébranse en honor a un santo ou da Virxe, como as festas patronais e as romarías. Tamén son festas relixiosas as festas de Semana Santa e o Nadal.

  • Festas culturais. Poden celebrar un cambio de estación, como as fogatas de San Xoán ou o Entroido en Laza, en Verín ou en Xinzo. A rapa as bestas é unha festa vinculada co traballo agrícola.

  • Outras festas. Poden lembrar un feito histórico ou un prato típico. O 25 de xullo celébrase o día de Galicia.