Para estudar a poboación e saber a cantidade e características dela elabóranse dous documentos:

  • O PADRÓN. É unha lista onde están todos os habitantes que viven nun municipio, con datos como a idade e o enderezo. Elabóarao o Concello cada ano.

  • O CENSO DE POBOACIÓN. É unha lista dos habitantes dun municipio, dunha provincia ou dun país. Recóllense datos como o traballo, os estudos, as características das vivendas dos habitantes... Elabórase cada dez anos.