A FOTOSÍNTESE

  • É o proceso mediante o cal as plantas fabrican a súa propia materia orgánica.
  • Para realizar a fotosíntese necesitan auga, sales minerais e dióxido de carbono en presenza da luz do Sol.
  • A fotosíntese realízase nas células verdes das plantas. Alí mestúranse a auga e o dióxido de carbono grazas á enerxía do Sol que captan mediante a clorofila que teñen nos cloroplastos das células verdes. Así forman a materia orgánica que a planta necesita para medrar.
  • Durante a fotosítese a planta desprende outro gas: o osíxeno, necesario para a respiración de todos os seres vivos, incluídas as plantas.

Para saber máis da FOTOSÍNTESE