POLINIZACIÓN

 

A polinización é a viaxe dos grans de pole desde os estames dunha flor ata o pistilo doutra.

Algunhas plantas, como a roseira, teñen unhas flores con cores moi rechamantes, para atraer os insectos que ao pousarse nelas levan canda eles o pole pegado ata outra flor.

Outras plantas, como o trigo, teñen flores menos vistosas, pero producen moitísimos grans de pole que esparce o vento e os leva aos pistilos doutras flores.