O ACIVRO

 

O acivro é un arbusto que ten follas e froitos durante todo o inverno, ao contrario da maioría das plantas.

Así, no inverno os paxariños abríganse entre as follas do arbusto ao estar máis quentes e o corzo e a pita do monte comen os seus froitos vermellos. As pdersoas non podemos comer os froitos do acivro porque son tóxicos para nós.

Había o costume moi antigo de usar as pólas do acivro no tempo de Nadal. Pero agora non se debe facer, porque é unha planta que hai que protexer.