FROITO E SEMENTE

 

Cando o gran de pole chega ao pistilo, a flor transfórmase e fórmase o froito, que ten dentro as sementes.

Os froitos poden ser:

  • Carnosos: son zumarentos e teñen moita auga no interior, como a mazá e a laranxa.

  • Secos: teñen pouca auga, como as abelás e as landras.

 

A semente contén unha plantiña moi pequena. Cando a semente cae á terra e hai suficiente humidade, xermina. A planta comeza a desenvolverse e da lugar a unha nova planta.