FOTOSÍNTESE

 

É o proceso que realizan as plantas para producir os seus alimentos. Ocorre nas follas, que son verdadeiras fábricas de alimento.

A auga e os sales minerais soben desde a raíz ata as follas polo talo. Alí xúntase co dióxido de carbono e transfórmanse en alimentos grazas á enerxía que recollen da luz do Sol.

Cando se realiza a fotosíntese, as plantas expulsan osíxeno, que pasa á atmosfera. Todo o osíxeno que hai no aire procede da fotosíntese.