UNHA PAISAXE DE PELÍCULA

A Estaca de Bares é un cabo situado en Galicia, no concello de Mañón (A Coruña). a Estaca de Bares é o punto máis setentrional da Península Ibérica. Forma parte da costa atlántica galega, onde marcan a separación entre o mar Cantábrico, ao leste, e a gran masa oceánica do Atlántico, ao norte e ao oeste.

Este cabo está formado por uns enormes acantilados que separan as rías de Ortigueira e O Barqueiro.

É ademáis un estupendo observatorio ornitolóxico por onde pasan máis de cen mil aves migratorias entre as cales se encontra o falcón peregrino. Por todo isto, protexeuse e foi declarada lugar de interese natural.